SACAR a BAILAR

Portada libro SACAR a BAILAR

SACAR a BAILAR

Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) entende a poesía coma un todo que sobarda o escrito e se estende cara a outros xéneros (principalmente o dramático, mais tamén o épico) e que se impulsa cara a vida. A performatividade destes versos non é procurada senón que simplemente está, porque habita neles e o seu sentido non se ha completar ata que esta xorda. Tan só un apunte biográfico neste limiar que non quixera selo para entender o macrotexto rosaliano mellor: a autora non só é poeta, senón que é tamén dramaturga, actriz (performer, diriamos hoxe) e impulsora de diversos proxectos de alento musical, amais de ser profesora e investigadora na didáctica das linguas. É importante coñecelo, porque todas estas facetas se entrecruzan, creando unha poética híbrida, heteroxénea, singular, que leva cara unha poesía que aspira a ser liberada para impactar facendo ruído e quedar en quen a transita, levantándose, levantándonos. Como se dunha peculiar premonición se tratase, o verso inicial do primeiro poema da súa obra tamén primixenia, En clave de sol (2009) anúncianos: “Esta noite espertou un exército de monstros no meu interior”. Ese espertar, sen dúbida, ocorreu o día que a poeta abriu os ollos e dixo “son”.

PORTADA DEL LIBRO

Etiqueta: 

Edición: 

2016 SIAL PIGMALIÓN
 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos