NINGÚN AMANTE SABE CONDUCIR

Portada libro Ningún Amante Sabe Conducir

NINGÚN AMANTE SABE CONDUCIR

...porque o desenfreo da paixón é incontrolable e todo asfalto conduce ao encontro erótico, os sinais de tráfico estampan escenas sensuais coa persoa perseguida e o accidente semella a única saída posible.
   Porque “a estrada / escribe, en pel de asfalto, / as feridas que nos separan”

CRÍTICAS

"obra dunha poeta das máis novas da última xeración, que aposta por un erotismo desinhibido nun marco urbano e da que cómpre salientar a súa forza expresiva do amor, entendido como paixón sensual irrefreable, semellante á da que suscita a velocidade nunha autoestrada. Pode ser politicamente incorrecto, mais moi efectivo estilisticamente". Manuel Rodríguez Alonso: Bouvard e Péuchet.
 
"Eis un volume que deixa unha lectura certamente atraente. Resulta difícil non sentirse atraído xa desde o título, renunciar a ler un libro con título tan suxestivo. A riqueza simbólica trascende o poemario e áchase tamén inoculada na prosa poética e na teatralización, mais o poemario en si responde a unha concepción como road movie, que á súa vez é un subxénero que sempre se asimila á narrativa". Xosé M. Eyré: Galicia Confidencial
 
"Rosalía Fernández Rial contribúe a alentar e vivificar con solidez o noso discurso poético e faino cun libro coma este, que abraza certa rebeldía e irreverencia e que se acaroa a algo así como unha “road movie” literaria que dialoga con diversos xéneros, tripa con convicción camiños -léanse estradas- como as que conducen ao desexo e ao erotismo, interseccionando entre si  para erixir unha suxestiva e ricaz metáfora da propia vida e de nós mesmos". Ramón Nicolás: Suplemento "Fugas" de La Voz de Galicia.
 

Portada do libro

Etiqueta: 

Edición: 

2014 POSITIVAS
 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos