Entrada de blog

Lusaka

De nenas, podiamos ver a Estatua da Liberdade desde a Punta da Barca. Especialmente nos días despexados: mira, alí está o braso, pequeniño de todo... Ai si!...

Para a nosa ilusión infantil, o Atlántico era unha poza máis na que xogar e á que poder baleirarlle a auga batendo forte os pés.

Por razóns así, cando nos preguntaban que queriamos ser de maiores, non percibiamos límite algún na idiosincrasia e magnitude dos nosos anhelos. Ao contrario, canto maior era a utopía, máis doada de acadar se nos antollaba.

Mais, a medida que fomos medrando, as nosas perspectivas diminuíron, ata atoparnos cegadas pola idade adulta. Dese xeito, a madurez roubounos a capacidade de avistar o ceo de New York desde a Costa da Morte.

Co fin de compensar tan inmensa perda, agora gústame recordar, desde esta banda do océano, como soñan os personaxes de Salinger á beira do Hudson. Eles, ao igual cá nós, tampouco lograraron traballar no que desexaban. Da mesma maneira que Holden Cauldfield non puido ser vixía entre o centeo, eu non conseguín converterme en gardiá do horizonte, pois a Estatua da Liberdade acabou por fuxir da nosa custodia sen case decatarnos.

Rosalía Fernández Rial

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos