Entrada de blog

IX Xornada dos Clubs de Lectura

Tal e como recollemos da páxina da Xunta referente ás Bibliotecas Escolares de Galicia, o profesorado que coordina os Clubs de lectura en máis de 239 centros da nosa Comunidade Autónoma reunirase este venres 10 de xuño en Santiago de Compostela para participar en diferentes conferencias e obradoiros.

Dentro dese marco, teño o pracer de expoñer o relatorio titulado: "Expresión dramática e teatral para traballar a poesía nas aulas"baseado na experiencia desenvolta na miña Tese de Doutoramento e no proxecto "Aulas sen paredes"

A continuación, citamos literalmente a descrición do Programa desta  "IX Xornada dos Clubs de Lectura" redactado pola organización: 

"O programa previsto para o resto da xornada deseñouse con dous focos de interese principais: as rutas literarias e a poesía. Acompañarán ao profesorado Manuel BragadoFran P. LorenzoRaúl Vacas,Carlos Negro, Rosalía Fernández Rial e Darío Xohán Cabana. Tamén será ocasión para coñecer experiencias de rutas literarias desde o IES de Rodeira, de Cangas,  o IES de Porto do Son e o IES Aquis Celenis de Caldas de Reis, xunto coa Fundación Curros Enríquez de Celanova. Na sesión de tarde, ademais dos obradoiros cos poetas anteriormente citados, haberá unha mesa de experiencias denominada "Xéneros e temáticas "para valentes", aproveitando o lema deste ano para o pasado Día Mundial do Libro, de autoría de Pedro Feijoo: Club de lectura de Manga Intercentros, desde o IES A Paralaia, de Moaña, e Clubs de lectura, biblioteca e poesía, con intervencións desde o IES de Poioe o IES San Paio de Tui. A Xornada rematará cun recital poético musical no que intervirán Raúl Vacas, Carlos Negro, Rosalía Fernández Rial, Darío Xohán Cabana e a cantautora Alba María".

Fonte: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node%2F866

Foto da entrada: tomada por Peter Schneider durante o espectáculo compartido "Tempo escuro", de poesía en escena.

Finalmente, achegamos o programa, recollido da páxina da AELG:

 

Etiquetas: 

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos