Entrada de blog

Había unha vez...

Había unha vez unha vila con nome de árbore onde as nenas non temían ao lobo porque se sabían máis feras cá el. Como landras rebeldes, xamais seguían a traxectoria da gravidade e gabeaban polas paredes nun desafío de gadoupas ceibes e pintaúñas ao vento. O ronsel do seu esmalte erixía cadros desmarcados das estruturas establecidas; murais que fendían os límites físicos para inaugurar outras realidades posibles.

Dese xeito, a cidade multiplicábase nun rizoma urbano de infinitas perspectivas e desembocaba en espazos sempre diferentes. As crianzas pertencían, entón, a todas as patrias que imaxinaran a través dos valados, residindo nas propias utopías.

Como vai ter medo quen pode inventar os lugares que habita?

Rosalía Fernández Rial

[Foto: proxecto “Derrubando muros con pintura”. Mural: Susana Llorente e Carlos Fernández]

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos