Entrada de blog

Des-instrución

Cada vez que a atopes na escaleira, vira de sentido e acelera chanzos sen control, atragoándote co afán de evitala. En canto a perdas de vista, volve activar o refrixerador que garante a conservación do teu obxectivo imperturbable. Ten por seguro que nada pode deter as decisións tomadas, inxeridas, indixestas, inxectadas.

Ou si?

Se cadra, sentar a pensar se subir ou baixar non é tan mala opción.

Ao mellor o encontro coa incerteza outorga outras saídas posibles.

Non o sei.

Eu o único que teño claro é que posúo o dereito inalienable de dubidar... E dáme que o vou exercer sempre. Por que non?

 

Rosalía Fernández Rial

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos