Entrada de blog

Contra-acción

"Substantivo feminino.

Acción e efecto de contraer ou contraerse.

Unión de dúas palabras pola perda dunha vogal ou consoante nunha delas”.

Iso significa “Contracción” segundo o Dicionario da Real Academia Galega.

En efecto, cada un dos compoñentes descritos define tamén o noso Contra-acción

un libro substancialmente feminino,

cos músculos sen dilatar, á espreita, a piques de danzar a ritmo pirotécnico 

xunto ás palabras, que se fusionan, sen marxes, apertándose-co-fin-de-coller-forza-para-estourar-despiadadas namentedequenle.

! ...

Mais o Contra-acción posúe tamén sentido inverso e ilimitado: a acción en contra da acción en contra da acción...

En contra. Encontra:

Fronte as accións cotiás do medio habitual, unha Contra-acción - artística, performántica, anómala-.

Ante o estatismo, a creación en acción.

Contra os pros e os contras,

no re-verso da poesía (a)sentada:

Contra-acción

Rosalía Fernández Rial

 

Post Scriptum:

Contra-acción presentarase o xoves 16 de xuño ás 21.00 no pub Modus Vivendi coas teatrais presenzas de: Antía Otero (autora do limiar), Emi de las Heras (ilustradora) e Rosalía Fernández Rial (autora do libro) 

 

No seguinte enlace podedes escoitar o podcast do DIARIO CULTURAL a propósito das nosas "CONTRA-ACCIÓN"s literarias: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-16-06-2016-2142569

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos