Entrada de blog

Blaise et Sonia

Gústame abrir os libros pola metade, coller transportes en marcha, comezar as conversas in media res. Prefiro as botellas sen encher, as películas empezadas e os acordes centrais da partitura. Sempre me fascinaron as carreiras de relevos, as coreografías encadeadas e os elos que sosteñen as cadeiras dos carruseis.

-Seis...-Écoute-moi-...Sei...

Sei que existimos porque ti te reduciches, velozmente, a soñar e eu aprendín a desenfrear contigo. Así, descubrimos como deixar que o tempo nos perda, sorríndolle a quen nos adianta, mentres nos desordenamos, física e intelectualmente.

Desde esa imprecisión onírica, capaz de dilatar os lindes da percepción, desafiamos a numeración ordinal:

-Quen encabeza a lóxica do ritmo cotiá nunca chega á Vangarda!

Rosalía Fernández Rial

 

[Foto: La prose du Transsibérien et de la petite Jehanne de France. Blaise Cendrars et Sonia Delaunay]

 

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos