Entrada de blog

AULAS SEN PAREDES

UNHA NOVA METODOLOXÍA PARA A APRENDIZAXE DE LINGUAS NO ENSINO SECUNDARIO

O noso proxecto propón unha nova metodoloxía didáctica para a aprendizaxe de linguas mediante o uso da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica dentro das aulas regradas do Ensino Secundario Obrigatorio.
O método foi deseñado no marco dunha Tese de doutoramento elaborada na USC e posta en práctica cun grupo de 1º da ESO do IES público Xelmírez I de Santiago de Compostela nas materias de lingua galega e castelá de xeito coordinado. Os resultados da investigación teórico-práctica demostraron a eficacia do método e probaron que a través da metodoloxía desenvolta:

–O alumnado fora capaz de desenvolver unha competencia comunicativa eficaz que favoreceu melloras notables na valoración e uso da lingua galega ao tempo que mellorou as capacidades en castelán e favoreceu a aprendizaxe doutros idiomas. Por tanto, beneficia o plurilingüismo ao tempo que normaliza a lingua galega.
– Mediante a expresión dramática e teatral o alumnado desenvolveu unha competencia comunicativa total.

 

UN LIBRO E UN DOCUMENTAL AUDIOVISUAL COMO GUÍAS PARA O PROFESORADO

Para difundir a metodoloxía didáctica proposta para servir como guía para o profesorado de linguas elaboramos un libro e un documental audiovisual no que se mostra toda a experiencia docente desenvolta nas aulas e teorizada desde o ámbito académico:

– O libro contén os postulados teóricos nos que nos baseamos, as instrucións da elaboración do programa didáctico e as actividades desenvoltas na aula, así como a análise dos resultados da investigación.

– O documental foi gravado durante o desenvolvemento das aulas e nel compróbase a evolución e actuación do alumnado ao tempo que se lle outorga unha dimensión artística ao traballo realizado. Ademais, mostra entrevistas ao alumnado e ás profesoras do instituto que observaron a aplicación metodolóxica.

– Finalmente, en canto a iso, cómpre indicar que as docentes de linguas do instituto resaltan continuamente a falta de iniciativas e metodoloxías innovadoras nas que se traballe a competencia comunicativa total, a oralidade e se faga un ensino plurilingüe e integrado que favoreza o uso do galego ao tempo que mellora a aprendizaxe do castelá e das linguas estranxeiras. Nese senso, consideramos que o noso proxecto pode actuar como modelo e guía para a formación do profesorado de linguas do ensino secundario nos institutos galegos na dirección anotada.

AUTORAS: 


ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL (Autora) 
XIANA LASTRA PERNAS (Edición do documental) coa  colaboración de ROI F.F.

Duración do DVD: 120 minutos

OFERTA DE LANZAMENTO !

Edicións Positivas, para axudar na edición desta obra, ofrece a posibilidade de colaborar obtendo as seguintes vantaxes:

- O libro+DVD terá un prezo de venda ao público de 35,00 €, pero nesta OFERTA DE LANZAMENTO poderá ser adquirido ao prezo de 25,00 €. Os custes de envío serán a cargo da editora.

- Positivas enviará, xunto co AULAS SEN PAREDES (LIBRO + DVD), un libro desta editora de agasallo.

Esta oferta desaparecerá no momento en que o libro e o dvd comecen a ser distribuídos nas librarías.

Poden poñerse en contacto no seguinte mail: 
positivas@edicionspositivas.com
ou nos teléfonos: 981553051 / 660397064

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos