ÁTONOS

Portada do libro Átonos

ÁTONOS

Poemario sensorial que propón unha forma de percepción alternativa, alén de parámetros establecidos e lindes procesuais. Unha evolución que transita por diversas experiencias individuais e colectivas, procurando novos modos de comprender a realidade. Desde o outro lado, da banda de William Blake: “If the doors of perception were cleansed, / everything would appear to man as it is, infinite”.

CRÍTICAS

"Descubriramos a poeta Rosalía Fernández Rial nos pulsos de En clave de sol (poemario musical), nunha rebusca entre sons versificados e musicais. Retornamos agora a ela a través deste Átonos (poemario sensorial), un poemario andante, vivo, que percute na realidade inmutábel da orde preestabelecida para invocar a necesaria mudanza da (re)evolución dunha suma de Eu que precisamos convertida na forza expresiva, apelativa apostrófica dun Nós. A progresividade do individualismo cara á harmónica colectividade recrea unha estrutura sensorial dialóxica. Eu son, existo. Nós actuamos desde a redonda dos sentidos corporais. Eu constrúo o presente para un futuro existente atado de Nós. Brincadeira gramatical perenne e provocación sinestésica convértense as ferramentas epicéntricas para espir o cuestionamento da existencia que se confirma na certeza dos sentidos, na permanencia das gravuras na pel. A vista, o gusto, o tacto e o olfacto en verso libre para sentir que nada é tan real como o infinito”. Mercedes Queixas Zas. Presentación de Átonos en Carballo.

“Este poemario sensorial, ademais de atoparse nas librarías, debería venderse tamén nas farmacias. E non o digo en broma. Penso que entre o valium e o ibuprufeno deberíanse vender exemplares deste Átonos, pois a min funcionoume como un medicamento de máxicos resultados. Tan só foi lelo e curáronseme todos os males, xurdíronme novas ideas, e todo fluíu moito mellor. Todo en min converteuse nun receptor de sensacións cósmicas, e por tempo os meus sentidos agudizáronse e percibín todo moito máis claro”. Suso Bahamonde. Presentación de Átonos en Muxía, Primavera 2011.

  • Noticia na Voz de Galicia sobre a presentación de Átonos en Carballo

Portada do libro

Etiqueta: 

Edición: 

2011 A.C. Lumieira
 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos