ABRINDO NOVAS VENTÁS

Onde dorme o occidente

érguense espellos que cortan

o derradeiro sorriso do día,

desangrando pintalabios cromáticos

entre os cristais do solpor.

Son os vidros que aguzan

a aresta do cabo,

mentres van consumindo terra.

Ves?

Un caleidoscopio ante a infinitude.

E nós;

reflexos alucinóxenos

sobre a tanza tallante do horizonte.

Nós ardemos en brincos acróbatas.

Como se occidente soñase

un trapecio para saltos mortais

na última verba do mundo;

a fin.

 

Rosalía Fernández Rial

Un mar de sensacións (SEMESCOM, 2012)

 

Consultas e Suxestións

Contacta! Opina! Rebate!

 

 

Outras Canles

Rosalía nas Redes.

FacebookTwitterCanal de Youtube Canal de Youtube
Perfil de Google + As Escollas Selectiva - Blogaliza Wikipedia 
 

Noticieiro

Recíbenos por correo!

Suscríbete!

 

Poesía en Acción

Poesía a golpe de PLAY.

Ver vídeos